Acreditación Titular de Universidade (ANECA)
O profesor Geno Rodríguez, do GI Esculca, ven de acadar a acreditación nacional para o acceso ao corpo de profesor titular de universidade pola Axencia Nacional da Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA). Dende o Grupo queremos transmitirlle a nosa máxima noraboa.